Bueno... pues continuo con mi proyecto de liberalización de las redes sociales... y #rehumanización
De momento me mantengo activo en #Mastodon... pero, el tiempo y las circunstancias dirán cual será el sino de esta Red en mi vida
Bueno... pues continuo con mi proyecto de liberalización de las redes sociales... y #rehumanización
De momento me mantengo activo en #Mastodon... pero, el tiempo y las circunstancias dirán cual será el sino de esta Red en mi vida
#MastodonOn (but slowly, I've a lot of work)
A dor de gorxa aí está, moita conxestión nasal e peito cargado de substancia altamente esputábel
Pero, oes, que hai que ir nadar e facer 45' de físico. Aquí café e un sorriso. Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Dor de gorxa para recibir a fin de semana, un fío de voz para dar aulas hoxe e a sensación de que me pasou un camión por riba tendo programado un 15K para a tarde. Que pode saír mal?
Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Pois toca volver ás aulas. Día duro, para alumnado e profesorado Imos con todo!
Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Miña irmá confioume o coidado da miña sobriña (8 meses) ata as 14h. Tamén podemos mudar o de "confiar" por "non lle quedaba outra". Outro día, falaremos do marabillosamente utópica que semella a conciliación neste país. Mentres tanto, desexádeme sorte
Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Teño por diante 1h30 de rodillo. Cafeína, podcast e a darlle. Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Noite de vento e auga, como a que ides beber hoxe todo o día. Eu vou darlle ao chocolate na taza pero sen churros. Non podo con eles.
Que teñades un bo primeiro de ano, mastodontas! #MastodonOn
Hoxe toca facerlle uns cantos quilómetros ao coche. Quedada cos antigos compañeiros e compañeiras de Ribadavia. Bo día, xentiña! #MastodonOn
8h30 da mañá. O corpo di que xa se fartou de estar na cama. Imos pola dose de cafeína matutina.
Que teñades unha boa xornada, especialmente as persoas que tedes que traballar. Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Outro día máis que non durmo ata as 10h. Que teñades unha boa xornada. Bo día, xentiña! #MastodonOn
Pois aquí un que xa deixou feito o adestramento de hoxe (sesión de forza + rodaxe). É o que ten non ser quen de durmir máis aló das 7h en tempo de vacacións
Agora, é o momento de desfrutar das bondades da cafeína e de procurar algunha verdade nos medios de desinformación. Bo día, mastodontas! #MastodonOn
Pois non hai maneira de baixar os biorritmos. O corpo pensa que hai que ir traballar e desde as 7h30 ollos como pratos.
Bo día e que teñades unha boa xornada, xentiña! #MastodonOn
Pois nada, non dou durmido máis...
Vou aproveitar o tempo e vou sacar de diante o adestramento de hoxe.
Benaventuradas as persoas que son quen de erguerse ás 14h. Desfrutade do día!
Hoxe erguinme en modo Arsenio cando Djukic errara o penalti que lle podía ter dado a primeira liga ao Dépor: "Moito que dicir e pouco que contar".
Que teñades unha boa xornada. Déixovos este temazo por aquí. Bo día, xentiña! #MastodonOn
Derradeira semana do trimestre. Café e imos con todo!
Bo día, xentiña! #MastodonOn
Fóra vai un vento do demo e chove. Dentro estase ao quente. Cambiamos rodaxe de 15K por series de 1h30 no rodillo.
Primeiro, dose de cafeína e ler que pasou no mundo.
Bo día, xentiña! #MastodonOn
Non estaba morto, estaba de avaliacións e, onte, de cea de profes. Quen perde a noite perde o día, dicía miña avoa.
Aínda así, pola tarde, vou facer o esforzo sobrehumano de ir nadar
Como vos foi a semana? #MastodonOn
Na cama estase moi ben, mais o traballo non se fai só.
Que teñades unha boa xornada. Bo día! #MastodonOn
Non me erguín aínda agora, só levo unha mañá coa lingua de fóra. O final do primeiro trimestre é o que ten.
Bo día, xentiña! #MastodonOn